Textos recuperados de Galo Salinas a Castelao
Por isto esta recensión quere ser fundamen- talmente unha invitación, case unha provocación, á lectura, porque toda obra está sempre preñada de novas e novidades para un receptor atento e sensible. Dende o punto de vista formal a grande maioría das obras teñen unha estrutura tradicional, respectan a...
Gespeichert in:
Veröffentlicht in: | Revista de lengua y literatura catalana, gallega y vasca gallega y vasca, 2013-01, Vol.18, p.330 |
---|---|
1. Verfasser: | |
Format: | Artikel |
Sprache: | spa |
Schlagworte: | |
Online-Zugang: | Volltext |
Tags: |
Tag hinzufügen
Keine Tags, Fügen Sie den ersten Tag hinzu!
|
Zusammenfassung: | Por isto esta recensión quere ser fundamen- talmente unha invitación, case unha provocación, á lectura, porque toda obra está sempre preñada de novas e novidades para un receptor atento e sensible. Dende o punto de vista formal a grande maioría das obras teñen unha estrutura tradicional, respectan a regra das tres unidades: acción, espazo e tem- po, algunhas mesmo parecen beber na estética do teatro grecolatino co uso do coro como en Entre dous mundos poema dramático nun acto de Salinas Rodrí- guez ou en Camiño de vila de Cabeza León. Aparecen aquí e acolá datos sobre os cambios que se están a producir sobre todo pola aparición de novas tecnoloxías: o teléfono: «reparan no teléfono que sigue chamando» (Os meus amores (Salinas Rodríguez)), a electricidade: «E bule axiña, que dendes que trouxeron a eléutrica a este barrio de Santo Tomás montando os candís, a luz vai cara» (Copas e bastos de Salinas Rodrí- guez) ou « Y selebramos baile de sala que tienen rabia; con mucha lú eléctrica» (iAiriños, levaime a ela! de Nan de Allariz) ; ou de novos costumes como os bailes que substitúen á muiñeira: «cuando uno se siñe a bailá con una de esa mulatica que tienen coquicola, y te mira con aquello ojaso brillandore que derri- ten consomé, y la orquesta le mete candela y sigue el movimiento insinuante, iAve María, negra, la gente s'entusiasma, se exata e patriotismo y «iArriba criollo!» grita todo e mundo. ¿Vedá nena?» (iAiriñoslevaime a ela! de Nan de Allariz), o cine: «¿Hoxe vai sere comedia ou cine?» (Copas e bastos de Salinas Rodríguez) ou o fútbol ao que se dedica toda unha obra paródica onde o prota- gonista parece non comprender o que pasa: 3 Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Galo Salinas Rodríguez, Alfredo Fernández (Nan de Allariz), Emiliano Balás Silva, José Manuel López Castiñeiras, Salvador Cabeza León, Manuel Posse Rodríguez, Euxenio Charlón Arias & Manuel Sánchez Hermida, Xosé Ares Miramonte, Manuel Vidal Rodríguez, Manuel Rei Pose e Nin guén. 4 Nótese que o uso do castelán é, na obra, unha caracterización do emigrante que abandona a lingua e o amor por Galicia, daquela esta afirmación está en boca do «malo», adquirindo así un sentido irónico. 5 O enfrontamento entre equipos galegos e barcos británicos era frecuente, de feito o primeiro partido de fútbol do que se ten constancia na Península Ibérica celebrouse tamén en Vilagar- cía o 26 de xuño de 1873 polos mariñeiros do buque inglés «Go-go» [Domínguez Almansa, Andrés (2009): Historia social do deporte en |
---|---|
ISSN: | 1130-8508 2340-0285 |