Parámetros acústicos dos sons fricativos da lingua galega
Existen diversos traballos descritivos dos sons fricativos da lingua galega, pero hai poucos e parciais que examinen as propiedades acústicas que caracterizan eses sons. No presente estudo exploráronse os parámetros acústicos dos sons que realizan os fonemas /f/ // /s/ /s/ // en cinco zonas de Ga...
Gespeichert in:
Veröffentlicht in: | Estudios de fonética experimental 2014-05, Vol.23 |
---|---|
1. Verfasser: | |
Format: | Artikel |
Sprache: | cat |
Schlagworte: | |
Online-Zugang: | Volltext |
Tags: |
Tag hinzufügen
Keine Tags, Fügen Sie den ersten Tag hinzu!
|
Zusammenfassung: | Existen diversos traballos descritivos dos sons fricativos da lingua galega, pero hai poucos e parciais que examinen as propiedades acústicas que caracterizan eses sons. No presente estudo exploráronse os parámetros acústicos dos sons que
realizan os fonemas /f/ // /s/ /s/ // en cinco zonas de Galicia1 nas que se gravaron cinco mulleres e cinco homes que pronunciaron palabras habituais da lingua. A investigación deseñouse a partir dos fonemas do nivel estándar da lingua /f/ // /s/ /s/ // e levouse a cabo en cinco zonas de Galicia nas que hai falas con oposición /s/ // ou /s/ //, e falas con ausencia de //. As análises centráronse na forma do
espectro onde se mediron frecuencia, intensidade e amplo de banda dos picos. Tamén se considerou obxecto de análise a frecuencia de comezo do ruído, a duración da fricativa e a intensidade relativa vogal-consoante. As emisións dos falantes correspondentes a /f/ // /s/ /s/ // foron clasificadas en grupos; así [f] [] [] recollen toda a variedade espectral perceptivamente identificada coas consoantes fricativas labiodental, dental non sibilante e sibilante postalveolar
respectivamente. Os casos de /s/ /s/, cun volume moito maior no presente estudo debido ás zonas de seseo e ás marxes silábicas nas que aparecen, puidéronse clasificar nos conxuntos [s1] [s2] [s3]2 establecendo como criterio básico de
agrupación a relevancia do pico espectral de maior intensidade. O contacto con vogal labializada revelouse decisivo en cambios de configuración da forma espectral, sobre todo nas sibilantes. As diferenzas na forma do espectro inducen a pensar en cambios na articulación do son fricativo, que se poderían dar tanto na zona de aproximación dos articuladores coma na parte da lingua que intervén |
---|---|
ISSN: | 1575-5533 2385-3573 |