Botar por fóra do texto: hipersexualización e cousificación das autoras
Este artigo analiza o discurso crítico dun conxunto de poemarios publicados entre os anos 2000 e 2010 co obxectivo de mostrar a violencia simbólica que certo sector da crítica literaria non feminista exerce sobre as poetas galegas. O estudo mostra, dunha banda, a cousificación que sofren as escritor...
Gespeichert in:
Veröffentlicht in: | Abriu 2023-10 (12), p.131-152 |
---|---|
1. Verfasser: | |
Format: | Artikel |
Sprache: | eng |
Online-Zugang: | Volltext |
Tags: |
Tag hinzufügen
Keine Tags, Fügen Sie den ersten Tag hinzu!
|
Zusammenfassung: | Este artigo analiza o discurso crítico dun conxunto de poemarios publicados entre os anos 2000 e 2010 co obxectivo de mostrar a violencia simbólica que certo sector da crítica literaria non feminista exerce sobre as poetas galegas. O estudo mostra, dunha banda, a cousificación que sofren as escritoras que cultivan o subxénero literario erótico como estratexia de marketing centrada en agradar a ollada masculina, a cal evidencia a ollada monógama, monosexual e heteronormativa coa que se recibe este tipo de literatura. No entanto, descóbrese tamén un grupo de poetas hipersexualizadas até o punto de publicaren obras cuxa temática se encontra afastada do erotismo, mais que de maneira automática se encadran como tal polo mero feito de contaren con títulos publicados nese eido no pasado. Doutra banda, o traballo constata o esencialismo imperante no tratamento da literatura escrita por mulleres ao empregárense, de maneira recorrente, expresións do tipo «punto de vista feminino» coas que se procura reforzar a hexemonía masculina nomeando o lugar outro que se lles adxudica no sistema literario, posto que non existen fórmulas equivalentes no caso dos poetas. Isto último refórzase, ademais, con comentarios paternalistas e até cuestionamentos do nivel de intelixencia das autoras cos que menosprezar o seu traballo. Procúrase, en diálogo constante co propio discurso da crítica literaria e con apoio da crítica feminista, evidenciar as diferentes estratexias de silenciamento e invisibilidade que reciben as escritoras galegas no período estudado. |
---|---|
ISSN: | 2014-8526 2014-8534 |
DOI: | 10.1344/Abriu2023.12.8 |